En 2016 unha prórroga irregular do goberno de Rajoy perpetuaba a Ence na ría de Pontevedra. En xuño dese ano, a empresa e a Xunta firmaban un Pacto Ambiental para “mellorar as instalacións da empresa.”
No acordo, recóllese que Ence terá que dedicar ata 3 millóns de euros anuais en axudas mentres se manteña en Lourizán. Os cartos serán destinados a “axudas, becas, contratos e outros métodos de financiamento necesarios para a realización de proxectos, estudos, investigacións, etc.” No texto, a Xunta e a empresa mesmo asinan o compromiso de que Ence constrúa “un novo campo de fútbol no entorno de Lourizán”, para o que se fixa un orzamento de un millón de euros”.
En 2018, Ence deu axudas a 290 proxectos de todo tipo: bandas musicais, equipos deportivos, cofradías de mariscadores, comunidades de montes… e ata as luces das festas. Uns danlle as grazas a Ence; e outros cren que a empresa busca ter calada á veciñanza comprando as súas vontades, “como facía Sito Miñanco”.
Estivemos en Lourizán para afondar nesta cuestión.