Máis do 80% das alumnas da Universidade de Vigo toman apuntamentos en castelán. En galego, só o fan sempre o 7%. Esta realidade é reflexo da situación sociolingüística do país: malia que a cidadanía coñece mellor a nosa lingua, non a fala. En ámbitos formais como a universidade, o galego segue a ser minorizado. Non axudan medidas coma o decretazo, que prohibe que certas materias de secundaria se dean en galego ou o asoballamento do castelán en idades temperás, que dificultan o mantemento da lingua nas crianzas galegofalantes.
Con todo, a universidade é época de cambios e por que non, de lingua. Esa é a perspectiva coa que traballan na Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, segundo nos conta Fernando Ramallo. Tamén estivemos con Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.