A Fundación ONCE presenta na Alameda o seu modelo de casa intelixente

A Fundación ONCE presentou esta mañá en Compostela unha casa intelixente e accesible para as persoas discapacitadas. A estancia conta con solucións tecnolóxicas para demostrar que a accesibilidade non é incompatible coa estética. A concelleira de Políticas sociais, Concha Fernández, salientou a importancia de facer accesible para todos tanto as vivendas como os espazos públicos.

Carlos José Fernández, presidente da fundación ONCE en Galicia, explicou as melloras que achega esta vivenda para que as persoas discapacitadas podan disfrutar con comodidade do seu propio fogar.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

José Manuel Rey, conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, fixo fincapé nas vantaxes que achegan estes tipo de accións tanto dende o punto de vista social, como dende o punto de vista empresarial.

Esta vivenda poderá visitarse na Alameda de Santiago ata o próximo sábado, en horario de 10:30 a 20:30 horas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -