O Auditorio de Santiago, peza fundamental no organigrama da programación cultural da cidade, xa conta cun novo director-xerente. Presentouno hoxe nun almorzo informativo o alcalde Martiño Noriega no Pazo de Raxoi.
- Máis información (Galicia Confidencial): O novo xerente do Auditorio de Galicia aposta por “maior relación cos públicos” e por mellorar a accesibilidade
Xaquín López, o novo xerente do Auditorio, deixou claras as súas liñas de traballo neste primeiro encontro público: chegar á cidadanía escoitando cales son as súas necesidades culturais.
O novo xerente asegurou que tratará por igual a todas as disciplinas artísticas e apostou pola cultura feita en Galiza “porque Santiago ten a responsabilidade de ser o escaparate como capital do país“.
Santiago, capital cultural do noso País
Martiño Noriega explicou que se deu un proceso de selección no que “houbo moitas candidaturas, de persoas que ocupan cargos de responsabilidade no eido cultural, e co que se quixo garantir a mellor elección posible para lle dar un novo pulo ao bo traballo que ven desenvolvendo o Auditorio nestes anos“.
Foi, sen dúbida, un proceso demorado no tempo no que, non exento de críticas. Mesmo o Partido Popular local chegara a pedir unha flexibilización das bases do proceso de selección para que o Concello buscara perfís fóra do noso País.
- Máis información: Unha xerencia no Auditorio que descoñeza a realidade galega? Para o PP sería posible