Neste 19 programa de Espazo Aberto, viaxamos ata o barrio de Oza para descubrir un proxecto cultural cos ollos postos na veciñanza. Abrimos unha xanela ao último ‘Saúde e Terra’ que ten como protagonista a MounQup e damos un chimpo ata o Universo Galaxia onde nos agarda Ana Santiso e a versión ilustrada do Alba de groria de Castelao. E non hai viaxe na que non paremos nos mellores vídeos do YouTube en galego para marchar ao son da nosa música! Ábreste ao Espazo Aberto?
Inicio Espazo Aberto