Home Programas Espazo Aberto Esixen información e protección para as coidadoras de maiores nas residencias públicas

Esixen información e protección para as coidadoras de maiores nas residencias públicas

0
Esixen información e protección para as coidadoras de maiores nas residencias públicas

A Central Unitaria de Traballadoras denuncia a desinformación e falta de protocolos de seguridade na rede de residencias públicas de maiores na provincia da Coruña. O sindicato rexistrou unha solicitude de xuntanza coa Xefa Territorial da Consellería de Política Social na Coruña co obxecto de recibir información sobre as medidas establecidas pola Administración nos centros coruñeses para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo coronavirus e para recibir información sobre a afectación do estado de alarma sobre o persoal.

Para este sindicato é “inaceptable” a ausencia de información clara ao persoal que xestionan directamente a Consellería e tamén ao xestinado polo Consorcio de Igualdade e Benestar.” Pero o máis grave é que ante unha crise epidemiolóxica destas dimensións non se teñan transladado comunicados por parte do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, órgano que obstenta as competencias en protección da saúde do persoal”, denuncian. “É imprescindible identificar e protexer ao persoal especialmente sensible, facilitar as conciliacións e adoptar medidas de consenso, transparencia e información constante e clara”, sinala o sindicato que tamén solicitou unha reunión urxente co comité de empresa.