A plataforma Defende a Galega acusa á dirección da CRTVG de non emitir informacións sobre o premio José Couso de Liberdade de Prensa porque llo outorgaron a elas.
Dende Defende a Galega sosteñen que tódolos anos tanto a TVG como a Radio Galega cubren o Premio José Couso de Liberdade de Prensa agás este ano. O galardón foi para esta plataforma de traballadoras no que denuncian a manipulación no medio público e por iso -din- a dirección da CRTVG decidíu censuralo e non informar do premio nos informativos.