Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago volve a sumarse ao programa de voluntariado ‘Vacacións con traballo’

O Concello de Santiago volve a sumarse ao programa de voluntariado ‘Vacacións con traballo’

0
O Concello de Santiago volve a sumarse ao programa de voluntariado ‘Vacacións con traballo’

‘Vacacións con traballo’ é un programa de cooperación técnica e sensibilización posto en marcha cada ano polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A estadía é por un mes e está dirixida aos traballadores de concellos, mancomunidades e Xunta. Este ano os destinos dos voluntarios serán Mozambique e Cabo Verde.

A través deste programa preténdese non só axudar nos países de destino senón tamén sensibilizar ao persoal. Algúns dos voluntarios de pasadas edicións deste programa aseguran que se trata dunha experiencia de aprendizaxe que axuda a comprender o contexto e a realidade doutros lugares.