Conversa entre Baamonde e Prieto sobre Pensar o territorio

Pensar o territorio para unha Galiza mellor. Analizar a situación actual e facer propostas en positivo para un futuro inmediato. É o obxectivo desta conversa. Un cara a cara entre o licenciado en Filosofía e ensaista Antón Baamonde e o historiador e membro da Real Academia Galega Lourenzo Fernández Prieto.

Gravado na Cidade da Cultura, este encontro é o primero dunha serie de conversas entre diferentes persoas para colocar no debate social os actuais desafíos do país.

Cal é a relación entre o urbano e o rural na Galiza, a problemática da vivenda e da turistificación, a ordenación do territorio, as carencias de infraestruturas e a necesidade de articulación territorial do país tendo en conta a realidade económica, son algúns dos temas que abordan Baamonde e Fernández Prieto neste programa, que pode verse en aberto na canle de youtube de Nós Televisión desde este mércores, 7 de febreiro, ás 20:30 horas (hora da estrea).

A esta conversa seguirá unha segunda sobre Economía entre o profesor Miguel Anxo Bastos e o economista e presidente da Fundación Juana de Vega Enrique Sáez; e unha terceira sobre Cultura protagonizada pola novelista e crítica Inma López Silva e o escritor e guionista Diego Ameixeiras.

Toda a serie estará tamén dispoñible nun futuro no 119 de R e no servizo baixo demanda de Movistar Plus+.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego