Home Programas Área Compostela Compostela presume de cultura rural

Compostela presume de cultura rural

1
Compostela presume de cultura rural

Santiago de Compostela convertirase entre o 12 e o 17 de decembro na capital da cultura rural de Galicia. O proxecto cultRural preséntase como unha grande oportunidade para recoñecer a calidade artística do medio rural compostelán, un dos núcleos principais da cidade. O obxectivo desta iniciativa é pór en valor á “Galicia labrega” e camiñar cara á soberanía alimentaria.

Cinema

Esta proposta combina tres liñas chave: un espazo de debate para expor os modelos para o rural de cada formación política, unhas xornadas gastronómicas protagonizadas pola cabra e a celebración do IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”, no que participarán trescentas curtametraxes realizadas por directores de todo o mundo.

O Festival contará coa presenza do reputado director Óliver Laxe, quen presidirá o xurado. As curtas proxectaranse na Facultade de Ciencias da Comunicación e a entrada será de balde.

https://vimeo.com/245333354