A Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG) e o Festival Cineuropa lembrarán de xeito especial a figura da actriz galega María Casares no vixésimo aniversario do seu pasamento, o 22 de novembro de 1996. Será cun ciclo especial que terá lugar os días 22 e 23 de novembro no Salón teatro no que se poderán ver unha entrevista realizada A Fondo de TVE e dúas películas nas que participou a actriz. Desta programación falou o director do festival, José Luís Losa.
Marta Lois, explicou a importancia de María Casares para o noso país resumindo a súa biografía. Pola súa banda, Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputación da Coruña, salientou que é fundamental recuperarmos a memoria de figuras como María Casares.
En representación da asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG) a súa vicepresidente, Mabel Rivera, falou da falta de coñecemmento que hai sobre ella e reivindicou a súa a figura.
A lembranza de María Casares completarase no programa Diario Cultural da Radio Galega cunha colaboración da Asociación de Actrices e Actores de Galicia que emitirán unha entrevista e varios poemas que acompañaron á actriz no seu exilio.