A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu a coñecer en rolda de prensa as actividades que organizará o Concello con motivo do Día Mundial da Infancia que se celebra a nivel internacional o 20 de novembro. Esta data lembra a Convención dos Dereitos da Infancia, un documento que foi referendado por practicamente todos os países do mundo.
O acto principal da conmemoración será un pleno infantil que terá lugar o día 24 de novembro ás 11:00 horas e que estará presidido polo alcalde, Martiño Noriega
Outra das actividades que promoverá o departamento que dirixe Concha Fernández é o ofrecemento aos centros escolares da exposición do fotoxornalista Gabriel Tizón para que os nenos e nenas coñezan máis da situación das persoas refuxiadas.