Cantas poetas galegas coñeces?

Neste Día Internacional da Poesía recollemos a voz dalgunhas das e dos poetas galegas/os como, por exemplo, é Yolanda Castaño. Castaño é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes.

Tamén contamos con autores como Carlos Callón que recentemente presentou o seu último poemario ‘A abertura da boca‘.

Tampouco cómpre esquecer a homenaxeada o ano pasado co Día das Letras Galegas, Xela Arias, ou as novas creacións poéticas da mocidade como Nee Barros ou Arancha Nogueira que acaba de publicar Antese pasando por creadoras de poesía crúa como Pilar García Rego. Longa vida á poesía galega! 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego