O título do último poemario de Carlos Callón remite a un rito do antigo Exipto, o uep-rá, no que as momias recuperaban as funcións de alimentarse, respirar e volver á vida. Esta historia, sérvelle ao autor de metáfora para expresar o valor que a escrita poética ten para transitar a dor.
#UniversoGalaxia
A abertura da bocaA
#UniversoGalaxia
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.