O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira arrancou este pasado domingo, día 9 de xullo, dando paso a oito días de concertos gratuitos, obradoiros e actividades polas que, segundo a organización, pasarán arredor de 80.000 persoas.
O acto inaugural abriuno a música da Escola de Gaitas de Ortigueira co tema ‘Cascarexa’. Alí estreouse como alcalde de Ortigueira Valentín Calvín que deu a benvida a todas as autoridades e patrocinadores do evento. Fixo fincapé na Escola de Gaitas que cumpre 45 anos e é “fundadora e motor imprescindible deste evento que comeza hoxe”.
Por diante, quedan días intensos de actividades e concertos que converten a Ortigueira na capital do folk e da música celta.