Todo preparado para celebrar o 45 aniversario do Festival de Ortigueira

Este domingo, 9 de xullo, arrancará a 45 edición do Festival máis importante do Estado no que a música tradicional celta se refire, o Festival de Ortigueira, que se prolongará ata o 16 de xullo.

Entre as bandas que se anunciaron para pechar o cartel desta edición atópanse a Banda de Gaitas do Ortegal, Banda de Gaitas Ladrido, Asociación Cultural Troula do Ortegal, Airiños de Fene, Banda de Gaitas Abelladeira, Asociación Cultural Saiñas de Xove, Grupo Folklórico Trebeyu, Banda de Gaitas La Laguna del Torollu, Asociación Cultural Son D´Aquí, Airiños do Eume, Bandina La Garrapiella, Charanga Alxibeira, Fol do Raxal, No Cómbaro e Os Netos do Escribano.

A organización ultima preparativos para a cita máis importante no panorama festivo da vila Ortegana, de feito acaban de anunciarse as restricións de tráfico, que por cuestións de seguridade, terán lugar entre este xoves, día 6, e 17 de xullo antes do comezo do Festival e durarán ata o día seguinte á súa finalización.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego