Home Programas Área Compostela As actividades de Nadal chegan ao seu fin con éxito

As actividades de Nadal chegan ao seu fin con éxito

0
As actividades de Nadal chegan ao seu fin con éxito

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, fixo no día de onte balance das actividades do programa de Nadal. Co remate delas, o concelleiro calificou a participación da sociedade como “satisfactoria e positiva” e unha das máis “exitosas dos últimos anos”. Ademais, fixo fincapé na asistencia á cabalgata de reis, que contou coa asistencia de aproximadamente 30.000 persoas nas rúas de Compostela.

Novas críticas de Paco Reyes

Por outra banda, o voceiro do PSdeG, Paco Reyes, valorou a programación de nadal como “negativa”, considerando que “sendo o ano no que máis cartos se investiron na cabalgata de reis, concretamente 107.000 euros, estes non se ven reflectidos na calidade”. En palabras súas, o que se critica desde o PSdeG non é o investimento, senón o resultado.

Explicacións sobre os problemas do alumeado navideño

No relativo á instalación do alumeado, Xan Duro explicou que houbo erros e que isto non é un problema que sexa competencia do Concello, senón que o é da empresa. O concelleiro indicou que o único que pode asegurar o Goberno é a seguridade e que polo tanto, cada quen deberá “asumir as responsabilidades” pertinentes.