“Non somos o vertedoiro de todos!“, exclama nas redes sociais o colectivo Salvemos a Comarca de Ordes. O pasado xoves o Concello de Cerceda aprobou a modificación de uso de solo de 10.5 hectáreas que deixarán de ser solo rústico para converterse en urbanizable, un paso imprescindible para a empresa GESUGA se quere levar a cabo unha ampliación da planta. Dende o movemento veciñal, apuntan a que a compañía pretende importar reses mortas doutras comunidades autónomas para queimalas nesta planta. Algo que, anuncian, non están dispostas a consentir.