Home Programas Área Compostela A sociedade galega únese en defensa da sanidade pública

A sociedade galega únese en defensa da sanidade pública

0
A sociedade galega únese en defensa da sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia edita este vídeo destinado a informar dos problemas que afectan á sanidade pública da nosa Comunidade Autónoma e dos riscos da contrarreforma privatizadora que pretende introducir o actual goberno da Xunta de Galicia na Lei Galega de Saude.

Desde a Plataforma fan un chamamento á manifestación unitaria en defensa da sanidade pública e de rexeitamento á contrarreforma que pretende Feijoo que terá lugar o día 4 de febreiro ás 12 na Alameda de Santiago de Compostela.