A Ruta Rosaliana colle forza

Compostela, Ames, Brión e Padrón únense para difundir as pegadas de Rosalía na zona

Presentouse no Pazo de Raxoi unha novidosa ruta rosaliana que terá como elemento xeográfico os tres municipios e que levará por nome “As Pegadas de Rosalía”. O proxecto baseouse na ruta deseñada polo falecido Avelino Abuín de Tembra.

Para explicar o seu significado e o valor que ten para estes concellos falaron os alcalde de Santiago, Ames e Brión e máis a concelleira de Cultura de Padrón. O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, parabenizouse desta iniciativa que pon en valor o universo vivencial da escritora.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Un roteiro aproximará aos lugares máis significativos da vida da nosa escritora máis universal

O roteiro parte da praza de Vigo de Santiago, lugar onde naceu Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837. Posteriormente discorre por lugares como San Xoán de Ortoño, en Ames, lugar de nacemento do pai de Rosalía e do Seminario de Estudos Galegos; a igrexa de Bastavales, en Brión, cuxas campás foron cantadas pola escritora; e a colexiata de Iria Flavia, o Pazo de Arretén e a Casa de Rosalía, no concello de Padrón.

A última parada deste roteiro circular é, de volta en Santiago de Compostela, o Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingo de Bonaval, onde fica soterrada a prestixiosa autora.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -