A neurocientífica Sonia Villapol, pregoeira das festas de San Froilán

A cidade de Lugo comeza a conta atrás para as Festas de San Froilán, que terán lugar entre o 4 e 12 de outubro. Pouco a pouco, clarifícanse os detalles desta celebración como é o taxamento dos prezos nas casetas do polbo. Unha ración de 250 gramos custará 14 euros nas casetas mentres que a ración de cachelos terá un prezo de 2 euros; o pan, 1 euro, e a botella de viño, 6.

Os grupos políticos do Concello de Lugo tamén decidiron que a actriz Melania Cruz vai ser a encarga de realizar este ano a ofrenda a Rosalía de Castro e a neurocientífica Sonia Villapol, que vén de publicar o libro ‘Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia’, será a pregoeira das festas. Villapol, nada no concello da Pastoriza, é investigadora e profesora no Center for Neuroregeneration do Houston Methodist Hospital Research.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego