Home Programas Espazo Aberto A Área Metropolitana da Coruña comezaría polo transporte

A Área Metropolitana da Coruña comezaría polo transporte

0
A Área Metropolitana da Coruña comezaría polo transporte

A reunión da Mesa de Alcaldes e Alcaldesa que tivo lugar hoxe na Coruña con motivo da reactivación do proxecto de Área Metropolitana e a visita do alcalde de Cornellà e vicepresidente executivo da Área Metropolitana de Barcelona, Antonio Balmón, acordou o primeiro paso a dar que será a creación dunha Autoridade Única Metropolitana de Transporte.

Xulio Ferreiro sinalou aos medios de comunicación que agarda que a administración autonómica respecte as decisións que tomen e que non poña atrancos como fai noutros proxectos.

Xulio Ferreiro: “Non se pode permitir o ninguneo á cidade da Coruña”

Para este primeiro acordo, segundo informan fontes oficiais, a Mesa decidiuse pola fórmula de consorcio. Éste estaría participado polos diferentes municipios impulsores e a Xunta que pasarían a conformar unha Autoridade Única. Nun paso posterior esta integraríase na organización da propia Área Metropolitana.

Na xuntanza, que se celebrou no Pazo de María Pita, participaron, ademais do alcalde da Coruña, a rexedora de Bergondo e os rexedores de Betanzos, Culleredo, Cambre, Oleiros e Sada. Nela coñeceron a experiencia da Área Metropolitana de Barcelona da man de Antonio Balmón, vicepresidente executivo deste organismo, e do seu xerente, Ramón Torra.