Home Programas Área Compostela Cen prazas dispoñíbeis para o Programa de Conciliación de Nadal

Cen prazas dispoñíbeis para o Programa de Conciliación de Nadal

0
Cen prazas dispoñíbeis para o Programa de Conciliación de Nadal

Este venres ábrese o prazo de inscrición para o Programa de Conciliación de Nadal 2017. O Concello oferta cen prazas para nenas e nenos de tres a doce anos que estuden en Compostela.

As actividades e obradoiros desenvolveranse en horario de 9.00 a 14.00 os días 22, 27, 28 e 29 de decembro e entre o 2 e o 5 de xaneiro. Establécense diferentes tarifas en función do servizo solicitado que oscilarán entre os 70 e os 180 euros os nove días.

Consulta as bases e o programa de actividades

Cineuropa e Dereitos Humanos

Así e todo, o concelleiro de Educación e Cidadanía aproveitou a súa comparecencia para anunciar que o seu departamento outorgará no Festival Cineuropa o Premio Dereitos Humanos. Será galardoado aquel filme que mellor recolla a defensa dos dereitos humanos, así como a representación dos valores civís e democráticos.

O premio, unha peza orixinal de Sargadelos, será concedido polo xurado do festival a vindeira semana.