Home Programas Área Compostela O BNG reclama unha maior previsión nas xornadas de conciliación familiar

O BNG reclama unha maior previsión nas xornadas de conciliación familiar

0
O BNG reclama unha maior previsión nas xornadas de conciliación familiar

O voceiro do BNG, Rubén Cela, fixo pública hoxe, en rolda de prensa, unha denuncia que o seu partido leva reivindicando desde hai tempo. Estamos a falar da conciliación da vida familiar e laboral, cuestión imprescindible en periodos non lectivos e en vacacións.

O BNG critica a falta de previsión por parte do Goberno Municipal


Desde o BNG fíxose fincapé en que, unha vez aprobados os orzamentos de xeito directo, o grupo vai ser “esixente con algúns temas, sendo este un deles”. Segundo indicou o voceiro “a maioría de pais e nais non queren deixar para último día onde deixar aos fillos e ás fillas”.

O que Rubén Cela reclama, en definitiva, é que a publicitación sexa moito máis anticipada e que os prezos sexan competitivos, ademais dunha coordinación real e unha maior descentralización. O voceiro tamén indicou que ás veces, desde o Concello, apúntase que non hai “demanda suficiente” mais os usuarios e usuarias potenciais son moitos. O que acontece, segundo dixo, é que nin sequera coñecen a oferta.