A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe en rolda de prensa o obradoiro “explorando a sexualidade dos homes”. Estivo acompañada polo axente da produtora Pistacatro, José Expósito. A edil explicou que a actividade está dirixida “ao público masculino pero desde unha óptica feminista”.
Preséntase a segunda actividade do colectivo Micromachinhos: “Explorando a sexualidade dos homes” https://t.co/QKdfc2uUaD pic.twitter.com/xeTjWPV2Zc
— Nós Televisión (@NosTelevision) 22 marzo 2017
O curso é gratuíto e está orientado aos homes, que poden inscribirse no correo electrónico micromachinhos@gmail.com. A inscrición será por orde de chegada ao correo electrónico
Trátase da segunda actividade que o colectivo compostelán Micromachinhos realiza; a primeira desenvolveuse en novembro de 2016. O tema escollido, por aquel entón, foi o traballo corporal. Nesta ocasión, céntranse na necesidade de traballar a sexualidade dos homes.
Html code here! Replace this with any non empty text and that's it.