Home Programas Área Compostela Unha nova edición de Santiautor galega e de mulleres

Unha nova edición de Santiautor galega e de mulleres

0
vlcsnap-2017-01-23-18h00m23s427
Na programación deste ano destaca a presenza de Rozalén, Rosana e Funambulista

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou en rolda de prensa a nova edición do Santiautor, un festival que xurdiu dun xeito modesto e que medra cada ano. Nesta ocasión, vai contar con máis de 30 concertos que se desenvolverán na Sala Sónar, o Auditorio de Galicia e o Teatro Principal ao longo dos meses de marzo, abril e maio.

Na rolda acompañaron a Noriega o director do Festival, Susó Peón, e o director artístico, Miguel Lueiro. Tamén estivo presente a artista Rosa Cedrón. Esta última fixo fincapé en que iniciativas como Santiautor son imprescindibles para os xóvenes talentos.

Maior presenza do galego e das mulleres no Festival

Na edición pasada, Santiautor contou coa presenza de máis de 3.000 persoas ao longo dos días nos que se desenvolveron os concertos. O director xeral, nesta ocasión, fixo referencia a que se trata da iniciativa “máis ambiciosa”, polo que agarda que o número de asistentes incremente.

Accede á web do Santiautor