Home Programas Área Compostela Viaqua e o Concello desenvolven actividades de concienciación da auga

Viaqua e o Concello desenvolven actividades de concienciación da auga

0

O concelleiro de espazos cidadáns, Dereito á vivenda e cidadanía, Manuel Dios, presentou en rolda de prensa, xunto co director Xeral de Viaqua, Julio Masid, unha serie de actividades educativas para promover a concienciación, entre os máis novos, da importancia da auga. O desenvolvemento das iniciativas constará de tres propostas, a primeira delas denominada aqualoxía, concibida para traballar con rapaces de 3º de primaria.

Un complemento da exposición H2Oh!

Esta primeira iniciativa compleméntase coa visita á Estación Depuradora de Augas Residuais e a Estación de Tratamento de Auga Potable e a exposición na Alameda de “H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade”. O obxectivo é que os rapaces poidan ver na práctica o que xa entenderon na teoría.

A previsión é que unhas 300 rapazas e rapaces participen nos talleres, que se desenvolverán no segundo trimestre do curso escolar. Os colexios teñen como data límite o 15 de febreiro para solicitar a súa participación no programa, cubrindo a ficha de solicitude e remitíndoa ao Departamento de Educación e Cidadanía.