Home Programas Espazo Aberto Sindicatos e asociacións gandeiras e labregas piden solucións para os danos da fauna salvaxe

Sindicatos e asociacións gandeiras e labregas piden solucións para os danos da fauna salvaxe

0
Sindicatos e asociacións gandeiras e labregas piden solucións para os danos da fauna salvaxe

A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), a Federación Rural Galega (Fruga) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) saíron ás rúas de Santiago e enchéronas do ruído da súa cacerolada reivindicando solucións urxentes para os danos da fauna salvaxe.

Os cultivos non son os únicos prexudicados. Xurxo Álvarez, presidente de Fruga, di que a fauna salvaxe tamén afecta aos veciños do rural nas estradas, xa que pode aparecer un animal durante a condución. Con esa marcha, os afectados pídenlle á Xunta que asuma responsabilidades porque queren “un futuro para o rural e non sentir que nos botan del”, explica Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG.