Home Programas Área Compostela López Riobóo: “As vítimas de violencia machista teñen que ter confianza nas institucións máis próximas”

López Riobóo: “As vítimas de violencia machista teñen que ter confianza nas institucións máis próximas”

0
López Riobóo: “As vítimas de violencia machista teñen que ter confianza nas institucións máis próximas”

O Concello de Compostela anuncia a incorporación da súa policía local ó programa que desenvolve o Ministerio do Interior para loitar contra a violencia machista. É o chamado VioGén, un programa que consiste en integrar a información que se considere precisa de cada supervivinte de violencia machista, facer unha predición do risco segundo os indicadores do programa e, atendendo ao nivel, realizar o seguimento e protección da mesma. Este seguemento non se lle fai só ás mulleres que viviron violencia machista, senón tamén aos seus fillos e fillas.

Pilar López-Roibóo, subdelegada do Goberno na Coruña, felicita ao concello de Santiago e agradécelle a súa participación neste proxecto porque “as vítimas teñen que ter confianza nas institucións máis próximas”, di Roibóo.