Home Programas Área Compostela O turismo en Santiago volve bater récords históricos

O turismo en Santiago volve bater récords históricos

0
O turismo en Santiago volve bater récords históricos

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixeron hoxe un balance sobre os resultados do turismo no 2018 en Compostela. “Récord histórico” foi o factor común para todos os sectores, cun crecemento do 30% na afluencia de pasaxeiros de avión con respecto a 2014, e dun 37% no tocante ás peregrinación.

A clave destes resultados, son segundo Marta Lois, a “internacionalización” e a “desestacionalidade” do turismo en Santiago, unha cidade que xa ten renome a nivel mundial. De feito, máis da metade dos pregrinos foron extranxeiros, procedentes de máis de 150 países diferentes.

A proposta do Concello continúa a ser a dos pasados anos, centrándose en catro eixes turísticos diferenciados: o turismo literario, o “Dos Bos amores”, o de congresos e o cinematográfico.