A Deputación de Lugo achega a Educación sexual a 1.500 escolares da provincia

A iniciativa, que busca amosar a diversidade sexual fomentando a igualdade, estará nos 67 concellos da provincia

Amosar a diversidade sexual, fomentando a promovendo a igualdade nas idades máis temperás, dun xeito maduro, responsable e sen prexuízos. Este é o obxectivo dunha serie de charlas que promoverá a Deputación de Lugo polos 67 concellos da provincia.

A iniciativa parte da Área de Promoción Económica e Social e consistirá, segundo explica a súa responsable, a deputada Sonsoles López, na realización de charlas gratuítas impartidas por un grupo de médicos e sexólogos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -