Home Programas Espazo Aberto Causa Galiza propón un 25 de xullo unitario do independentismo

Causa Galiza propón un 25 de xullo unitario do independentismo

0
Causa Galiza propón un 25 de xullo unitario do independentismo
Manifestación de Causa Galiza (IC)

A dous meses do 25 de xullo a formación política Causa Galiza informa da convocatoria de reunión en Compostela para tratar de que este ano haxa unha manifestación unitaria do independentismo galego. Ao encontro, que terá lugar no centro scocial A Gentalha do Pichel, convidaron a ANG, Anova, BNG, Cerna, CNM, Compromiso por Galicia, FPG, Galiza em Rede, MGS, PCPG, UPG, CIG, CUT, Fruga, SLG, Anega, Bátega, Briga, Erguer, Espiral, Galiza Nova, Isca!, UMG e Xeira.

Segundo explica Causa Galiza nun comunicado exiten “puntos en común” en todas estas organizacións como “un contexto excepcional caracterizado pola crise que afecta ao réxime español de 1978 (…), a situación de emerxencia social que padece Galiza (…), unha involución do sistema constitucional (…), a lectura que se dá do teito competencial coa chegada do 155 (…) e a crítica do papel que está ter a esquerda española”.

Visibilizar o independentismo galego

No mesmo comunicado sinalan que o obxectivo desta iniciativa non é “resolver esta realidade complexa” e si “normalizar e por á vista da sociedade galega neste Dia da Pátria a existencia dun horizonte estratéxico ruturista e independentista que é supra-partidário”.

Por este motivo apuntan que cómpre pasar de “convocatorias partidarias” a visibilizar que prioridade é “a exposición e defensa da perspetiva democratica, rupturista e independentista frente á situación de Emerxencia Nacional e Social”.