Xulio Ferreiro aposta por un modelo de mobilidade “metropolitana” para A Coruña

O alcalde interveu na xornada Aula Compañías de Tranvías Universidade da Coruña sobre “Mobilidade Urbana e Integración de Servizos de Transporte”

Xornada sobre “Mobilidade Urbana e Integración de Servizos de Transporte”

A Universidade da Coruña acolleu unha xornada sobre “Mobilidade Urbana e Integración de Servizos de Transporte” dentro da Aula Compañías de Tranvías. O obxectivo deste encontro foi xerar coñecemento, debate e opinión sobre os retos da mobilidade urbana e metropolitana en xeral e da cidade da Coruña en particular.

Conferencias e faladoiros nos que participaron expertos internacionais, investigadores e responsables da administración. Na súa intervención Xulio Ferreiro defendeu un modelo de mobilidade con perspectiva metropolitana. O rexedor incidiu “na cooperación entre as administración públicas e o diálogo como paso necesario para ter unha rede metropolitana de transporte que sexa efectiva e que se integre coa rede do Concello”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Área metropolitana

Xulio Ferreiro explicou que o obxectivo sería “crear unha área metropolitana plena, que teña entre os seus principais obxectivos a xestión do transporte no seu territorio, para que os concellos constitúan un poder compartido, con plenas competencias sobre o transporte que nos permitan poder decidir dentro da área metropolitana sobre o que lle afecta á nosa veciñanza, que suma máis de 450.000 persoas”.

Na xornada participaron, Tamén, Jon Aguirre Such, Arquitecto-Urbanista pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid; Carlos Cristóbal Pinto, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos; e Rocío Cascajo Jiménez, Enxeñeira de Montes e Doutora en Transportes pola Universidade Politécnica de Madrid.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -