O deputado do BNG solidarízase coas persoas procesadas como, en especial, o grupo La Insurgencia. Bará realizou esta acción simbólica no medio dun debate sobre a Lei Mordaza, que o propio Bloque pide derrogar. Desde a formación nacionalista esixen que, accións como a representada hoxe no Parlamento, non sexan consideradas como delitos de odio.
Unha acción que chega poucas semanas despois da condena de Estrasburgo contra o Estado español. Recentemente, o Tribunal de Dereitos Humanos consideraba que España sancionaba con exceso a uns mozos cataláns por queiman unhas fotos do monarca, por aquel entón Rey Juán Carlos. Estrasburgo considerou, polo tanto, que o Estado Español estaba a vulnerar o dereito á liberdade de expresión.