Redrum Teatro trae a Compostela o seu thriller psicolóxico “A canción do elefante”

"A canción do elefante" poderase ver do 13 ao 16 de setembro no Teatro Principal

Redrum Teatro é unha compañía que conta as súas representacións por éxitos de billeteira. Logo de pasar polo Festival de Teatro do Carballiño con grande éxito chega a Compostela a súa última obra: “A canción do elefante”que acollerá o Teatro Principal do 13 ao 16 de setembro.

Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un doente obsesionado cos elefantes. Malia a reticencia da enfermeira xefe do hospital, o doutor Villaverde asume o coidado do enfermo, disposto a obter del respostas sobre o colega desaparecido

Hoxe presentárona no Pazo de Raxoi o seu director, o lalinense Ález Sampaio, dous dos seus actores, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, xunto á primeira tenente de alcalde, María Rozas, e o director da Axencia Galega Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. Rozas salientou a aposta do concello polo teatro galego.
Entradas xa á venda

As entradas para as catro funcións desta semana no Teatro Principal xa están a venda no despacho de billetes e en internet. O inicio das representacións está previsto para as 20:30 horas do serán.