Home Programas Área Compostela A XVIII edición do Ciclo de Lied homenaxea ao poeta francés Apollinaire

A XVIII edición do Ciclo de Lied homenaxea ao poeta francés Apollinaire

0
A XVIII edición do Ciclo de Lied homenaxea ao poeta francés Apollinaire

O Ciclo de Lied que organiza cada ano a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago homenaxeará nesta edición a Guillaume Apollinaire no 99º aniversario da súa morte. Obras de Honegger a Chopin pasando por Mussorgski ou Rimski-Korsakov que se poderán escoitar en Compostela os días 18, 25 e 26 de setembro.

Marta Lois destaca a “aposta compostelá pola música erudita”

A programación desta XVIII edición presentouse hoxe no Pazo de Raxoi e nela participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o presidente de Amigos da Ópera de Santiago, Jesús Couceiro, e o secretario da mesma, José María Miranda.

O tres concertos comezarán ás 20:30 horas no Teatro Principal. As entradas para cada un dos recitais, á venda no despacho de billetes do propio teatro ou a través de internet, teñen un prezo de 8 euros e o custo do abono do ciclo completo é de 18 euros.