Home Programas Espazo Aberto Protestas do Persoal da Área Pública diante do Parlamento

Protestas do Persoal da Área Pública diante do Parlamento

0

A tramitación dos orzamentos da Xunta de Galiza no Parlamento activou as protestas do sector público galego para dar a coñecer as súas reivindicacións. Delegadas e delegados das centrais sindicais CIG, UGT e CCOO concentráronse díante do Pazo do Hórreo cando se celebraba o primeiro dos plenos sobre este tema.

Desde Nós Televisión conversamos recentemente coa portavoz da Área pública da CIG, Maricarme López que resumía así os motivos polos que a central sindical nacionalista rexeita os orzamentos da Xunta:

 

As críticas ao orzamento presentado polo actual goberno galego fan fincapé na continuidade dos recortes

Os sindicatos repetirán as mobilizacións diante do Parlamento o vindeiro luns, día 6 de febreiro, coincidindo co debate e votación dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2017.