O Trofeo Cidade de Santiago de Judo consolídase nesta novena edición como unha cita imprescindible no calendario galego e estatal desta disciplina. A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou en rolda de prensa a cita deste ano acompañada do presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e do presidente do Compostela Judo Club, Javier Rial. A edil de Deporte amosou a súa satisfacción por colaborar co evento.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, salientou a importancia deste trofeo para o deporte base así como a de organizar tamén a III Copa de España Infantil de Galicia valedoiro para o Ranking estatal.

A competición terá lugar este sábado de 10 a 17 horas no Pavillón do Restollal, tanto na categoría masculina como na feminina. Ata hoxe hai 129 inscritos na categoría masculina e 72 na feminina.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -