Home Programas Área Compostela Ofensiva para recuperar o Pazo de Meirás e as esculturas espoliadas polos Franco

Ofensiva para recuperar o Pazo de Meirás e as esculturas espoliadas polos Franco

3

O espolio realizado polo ditador Francisco Franco, agora en mans da súa familia, continúa a ser motivo de polémica.

Dúas esculturas “agasalladas” á familia Franco hai máis de medio século

Hoxe o grupo municipal de Compostela Aberta presentou en rolda de prensa unha moción que levará ao próximo Pleno da Corporación instando a devolución ao Patrimonio público o Pazo de Meirás e a que sexa o Concello de Sada quen xestione o réxime de visitas.

Ademais reclama tamén a recuperación de dúas estatuas do Mestre Mateo que orixinariamente formaban parte do Pórtico da Gloria e que hoxe se poden ver nunha exposición no Pazo de Xelmirez.

 

As dúas esculturas non poden volver á familia franco, deben ficar en Compostela

“Que nos devolvan o roubado” Militantes do BNG esixiron hoxe a devolución do patrimonio espoliado pola familia Franco

O Bloque rexeita o “roubo escandaloso”

O BNG tamén denunciou hoxe diante da porta da Pazo de Xelmirez o que consideran un “roubo” do patrimonio galego. A portavoz nacional desta formación, Ana Pontón, considera esta situación un “escándalo”.

Na concentración de protesta tamén participou a Vicepresidenta da Deputación da Coruña e concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, que anunciou que presentarán unha proposición para recuperar as esculturas.

Desde o PP pídenlle “sensibilidade” á familia Franco

En relación a este tema o portavoz municipal do PP, Agustín Hernández, pediu “sensibilidade” ás familia Franco mentras que o portavoz socialista Paco Reyes sinalou que estarían dispostos a votar a favor esa moción no Pleno.

https://nostelevision.gal/paco-reyes-meiras-volver-as-mans-da-cidadania/