Home Programas Área Compostela Raxoi introduce melloras no plan de peonalización de Xoán XXIII

Raxoi introduce melloras no plan de peonalización de Xoán XXIII

0

Quen poderá acceder?

Usuarios do aparcadoiro municipal de Xoán XXIII; do CEIP López Ferreiro; das facultades de Maxisterio, Enfermería e Medicina; da Biblioteca Ánxel Casal; do Centro de Saúde de Galeras; dos hoteis San Francisco e Hostal dos Reis Católicos e dos condutores e condutoras que queiran estacionar na zona de residentes de Costa Vella. Tamén poderán seguir circulando pola zona os vehículos de carga e descarga.

A prohibición de paso de vehículos na zona de Xoán XXIII no tramo que vai dende o Burgo das Nacións ata Entrerríos modifícase. Hoxe o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade. Jorge Duarte, explicou en rolda de prensa que se permitirá a circulación nesa zona a aqueles usuarios e usuarias que o precisen para acceder aos equipamentos ou vivendas do lugar.

“Haberá controis puntuais”

En relación á maneira en que se controlará que os vehículos sexan de paso ou non o concelleiro sinalou que polo de agora realizaránse controis puntuais.

Satisfacción polos resultados

Jorge Duarte amosouse satisfeito polos resultados desta medida que se puxo en marcha o pasado 10 de xullo. O edil sinalou que na semana anterior á súa implantación pasaran 53.800 vehículos, fronte aos preto de 9.700 da semana do 14 ao 20 de agosto.