O Plan de emprego Xuvenil de Santiago contará con 1,5 millóns de euros de Fondos Europeos

O plan "Mocidade con Emprego" facilitará o acceso ao emprego a 380 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de Compostela

Santiago recibirá 1,5 millóns de euros de fondos europeos para o seu Plan Xuvenil de Integración Profesional “Mocidade con Emprego”. Só dous municipios do Estado recibirán unha cantidade económica superior feito que salientou no anuncio da nova a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.

Somos o terceiro concello do Estado que máis fondos recibe

A edil explicou que os mozos e mozas que participen poderán formarse en varias profesións e contarán tamén con prácticas en empresas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A bolsa que recibirán os mozos e mozas que formen parte deste Plan ascende a 426 euros ao mes durante seis meses. A actividade comezará en setembro de 2017 e terá continuidade ata o 2018.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -