Compostela licitará a Axuda ao Fogar por un importe de 3,7 millóns de euros

O Concello agarda melloras no plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia

A Xunta de goberno aprovou a licitación da Axuda ao Fogar por un importe de 3,7 millóns de euros en 24 meses. Anunciouno na rolda de prensa posterior o alcalde de Santiago Martiño Noriega quen sinalou que este procedemento mellorará o servizo ao incrementarse a partida dedicada ao mesmo.

Transporte metropolitano

Martiño Noriega “É o momento de garantir o funcionamento digno do transporte metropolitano, todos gañamos”

Na mesma rolda de prensa o alcalde quixo dar a súa opinión sobre a xuntanza mantida hais uns días por varios concellos da área metropolitana e na que se tratou do modelo de transporte. Segundo Noriega é moi importante solucionar as disfuncións que ten o actual e agarda ver cal é o novo modelo que presente a Xunta

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Martiño Noriega tamén sinalou que a Xunta de Goberno, en materia de subvencións, acordou solicitar unha axuda de 57.000 euros para a promoción da igualdade. Do mesmo xeito informou da concesión doutra axuda de 10.000 euros por parte da Deputación da Coruña, para a Escola Municipal de Música.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -