Home Programas Área Compostela Noriega califica de “clima positivo institucional” as relacións do Concello coa Xunta

Noriega califica de “clima positivo institucional” as relacións do Concello coa Xunta

0

Na rolda de Prensa posterior á Xunta de goberno local de Santiago, o alcade de Compostela, Martiño Noriega, comentou o anuncio realizado polo presidente da Xunta da posibilidade de construir unha residencia de maiores en Fontiñas.

Entre os acordos acadados na Xunta de goberno figura a repavimentación da Avenida de Vilagarcía entre as avenidas Rosalía de Castro e Romero Donallo.

Outro dos acordos da Xunta de Goberno foi a aprobación da convocatoria do Premio Xohana Torres de ensaios e creacións audiovisuais sobre a memoria histórica das mulleres para este ano 2017. O galardón conta cunha dotación económica de 2.500 euros e o prazo para a presentación de traballos irá do 8 de marzo ao 31 de decembro.