Home Programas Espazo Aberto Gonzalo Caballero clama contra a “incompetencia da Xunta” na xestión contra os incendios

Gonzalo Caballero clama contra a “incompetencia da Xunta” na xestión contra os incendios

0
Gonzalo Caballero clama contra a “incompetencia da Xunta” na xestión contra os incendios

Esta mesma tarde tivo lugar unha xuntanza de urxencia do PSdeG-PSOE con cargos institucionais de todo o país para proceder a avaliar as consecuencias da vaga de incendios que asolagou o país. O recén eleito Secretario Xeral das e dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, deu conta de boa parte das resolucións adoptadas polo partido e resaltou o “absoluto fracaso da política forestal galega”

O día de onte constitúe xa unha páxina negra na historia do noso país

“Que isto non volva suceder”

Caballero, acompañado de Leiceaga, dirixiu a xuntanza con cargos institucionais socialistas

Caballero resaltou que Galicia xa se atopa nunha situación de emerxencia medio ambiental e que compre, polo tanto, proceder a revisar a política forestal da Xunta de Galicia. O secretario Xeral clamou tamén contra un goberno galego que non estivo á altura das necesidades do país e tamén anunciou a presenza de Pedro Sánchez en Galicia nas vindeiras datas.

http://nostelevision.gal/psdeg-esixe-responsabilidades-penais-politicas-ante-vaga-de-incendios/