Esta mesma tarde tivo lugar unha xuntanza de urxencia do PSdeG-PSOE con cargos institucionais de todo o país para proceder a avaliar as consecuencias da vaga de incendios que asolagou o país. O recén eleito Secretario Xeral das e dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, deu conta de boa parte das resolucións adoptadas polo partido e resaltou o “absoluto fracaso da política forestal galega”
O día de onte constitúe xa unha páxina negra na historia do noso país
“Que isto non volva suceder”
Caballero resaltou que Galicia xa se atopa nunha situación de emerxencia medio ambiental e que compre, polo tanto, proceder a revisar a política forestal da Xunta de Galicia. O secretario Xeral clamou tamén contra un goberno galego que non estivo á altura das necesidades do país e tamén anunciou a presenza de Pedro Sánchez en Galicia nas vindeiras datas.
https://nostelevision.gal/psdeg-esixe-responsabilidades-penais-politicas-ante-vaga-de-incendios/