Chega a segunda edición do Festival HerDanza

A iniciativa pretende dinamizar e promover a danza na cidade

Esta mañá tivo lugar no Pazo de Raxoi a presentación dunha nova edición do festival Herdanza, froito da colaboración entre o Concello, o Auditorio, a USC e o propio Museo do Pobo Galego.

As actividades terán lugar do 11 ao 16 de setembro e ofrecen múltiples oportunidades para coñecer a danza contemporánea. Actividades formativas, proxeccións, conversas con profesionais e diversos espectáctulos centran o conxunto de actividades que xa se poden consultar na páxina web da iniciativa.