Veciñas e veciños da urbanización compostelá de Brandía rexeitan a instalación dunha gasolineira e esixenlle ao goberno municipal de Santiago que non concedan a licenza da mesma por ser esta unha zona residencial, polo alto impacto medioambiental e polos efectos negativos para as máis de 100 vivendas da urbanización.
O Concello quere ser “riguroso e serio”
Tanto o alcalde de Santiago como o voceiro municipal do BNG amosaron hoxe en Raxoi a súa opinión sobre a polémica. Noriega quixo indicar que, ate o de agora, a responsabilidade correspóndelle á Xunta.
Nunha liña máis crítica se expresou Rubén Cela ao afirmar que a ubicación proposta para a gasolineira é “absolutamente inaceptable”