Home Programas Área Compostela César Lombera reúne na Casa do Cabido unha retrospectiva da súa obra

César Lombera reúne na Casa do Cabido unha retrospectiva da súa obra

0
César Lombera reúne na Casa do Cabido unha retrospectiva da súa obra

O escultor César Lombera, autor entre outras obras da obra das Marías na Alameda, presentou na Casa do Cabido unha interesante e completa retrospectiva da súa traxectoria artística.

Todo o seu universo colorista entre o festivo e o teatral conseguiu trascender nestes últimos anos a mera mostra expositiva para transformarse en icona da cidade. O propio Lombera explicou na inauguración, á que tamén asistiron o alcalde, a xerente do Consorcio, o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo e membros da corporación, porque titulouna “Parafernalia” e escolleu este entorno para amosar a súa obra.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, salientou a longa traxectoria do artista e animou á cidadanía a visitala.

“Parafernalia” mostra a un Lombera recuperador das tradicións perdidas, destaca a Coca e o Coco composteláns ou ao artista de persoeiros, como é o caso da escultura de Valle-Inclán, sentado nun banco da Alameda. A exposición permanecerá aberta na Casa do Cabido ata mediados do vindeiro mes de febreiro en horario de martes a sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e os domingos de 11 a 14 horas. Os luns estará pechada ao público.