Home Programas Área Compostela Remata a primeira fase das obras da Cañoteira

Remata a primeira fase das obras da Cañoteira

0
Remata a primeira fase das obras da Cañoteira

A parroquia de Marrozos conta a partir de agora cun mellor acceso que permitirá aforrar tempo á veciñanza e facilitará a posibilidade de contar cun mellor servizo ao permitir a chegada de vehículos especiais desde a N525.

A obra, na súa primeira fase, tivo un orzamento de 200.000 euros e foi executada no lugar da Cañoteira. Para ver o remate da mesma estiveron supervisando a súa finalización o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña. Este último explicou o motivo da visita e a importancia da obra.

O Presidente da AAVV de Marrozos, Carlos Taibo, explicou aos medios de comunicación que esta era unha obra moi demandadad desde hai moitos anos que, entre outras particularidades, permitirá o acceso á parroquia do transporte público.

Para o alcalde esta obra é un compromiso coa parroquia que xustifica o seu investimento

As outras dúas fases serán licitadas de xeito conxunto logo de que o concello teña a autorización de ADIF. O orzamento desas dúas fases superará os 400.000 euros e as previsións do concelleiro de Medio Rural son que o conxunto da actuación estea rematado despois do verán de 2018.