Yolanda Castaño e Touriñán conducirán a 4ª Gala da Coruña Global, este xoves na DOMUS

A escritora e comunicadora Yolanda Castaño, e o actor e humorista Xosé A. Touriñán serán os presentadores da 4ª Gala da Coruña Global que se celebra este xoves, 18 de decembro, a partir das 20:30 horas, no cinema da DOMUS.

O evento, organizado polo IGADI co apoio do Concello da Coruña, enténdese como un espazo mixto entre o espectáculo e a reflexión colectiva, para entender os fíos que tecen as conexións da Coruña co mundo do S.XXI. Desta maneira, a actividade contará coa participación presencial e virtual de especialistas en cidades globais, diáspora galega, internacionalización, deporte, solidariedade… e ademais, haberá grandes sorpresas!

As inscrición son gratuítas e pódense realizar desde a seguinte ligazón.

As actividades fan parte do camiño aberto pola Declaración institucional do Pleno do Concello “A Coruña global no mundo do S.XXI” (2019) para reforzar a imaxe internacional e a acción exterior da cidade. Trala 1ª edición de A Coruña Global, co Ciclo de Coloquios online no ano 2020 e as (2ª ed) Xornadas na Universidade da Coruña do ano 2022, no 2025 dáse continuidade ao formato de Gala estreado no 2023, na 3ª edición de A Coruña Global.

Para que serve un Mapa de cidade global?

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego